Actualidade
Data de publicación: 26-04-2024
Data de inicio: 06-05-2024
Data de fin: 06-06-2024
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de renovación da rede de abastecemento, a realizar pola empresa Fcc Aqualia Vigo Ute , estará pechado ao tráfico, en horario laboral, o ramal da rúa DOCTOR CORBAL(RUA) N 69_77 (VIGO), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 6 de maio de 2024 ás 10:00 horas e por un período aproximado dun mes.
Renovación da rede de abastecemento, con ocupación de toda a calzada durante a execución das obras.
O treito a renovar iniciase a partir da conexión sita na rúa Doctor Corbal 67-69 e segue polo vial até a intersección coa rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres 26.
Esta necesidad de ocupación viaria non será total dende o comezo das obras, irán ocupando segundo avancen e, do mesmo xeito, desocupando as que vaian rematando.
Garantirán o acceso peonil ás vivendas en todo momento e o acceso aos garaxes fora do horario laboral.
Tamén ocupan o aparcamento para acopio de material na rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, 26.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100