Servizos Sociais

Noticias de Benestar Social

25/04/2013:

Vigo adhiérese a un convenio que facilitará vivendas de entidades bancarias a persoas vítimas de desafiuzamentos.

 

 

 

Lista de noticias

Noticias

2024-05-30. Vigo pon en marcha un programa de axudas para potenciar e facilitar o alugamento de vivendas baleiras

Foto noticia
Abel Caballero destacou que en Vigo "existen 12.897 inmobles vacíos, xa que o seu consumo de auga nos últimos seis meses é inferior a 1m3" e dos que "case o 90% son propiedade de persoas físicas". O obxectivo é fomentar o alugueiro de vivendas a prezo taxado coa aprobación dunha batería de axudas para promover a incorporación dos pisos vacíos ao mercado. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-29. Nova colaboración do Concello coa Asociación contra o Cancro cunha representación teatral no Auditorio Municipal

Foto noticia
O Concello refrendou este mércores a súa colaboración e apoio permanente á Asociación Española contra o Cancro participando na posta sobre o escenario do Auditorio Municipal, o próximo 6 de xuño, da obra de teatro "Farsas contemporáneas", que será representada polo grupo "Ensaio vital", formado por sobreviventes da enfermidade, así como pacientes, familiares e voluntarios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-29. O Concello contribúe ao coñecemento da ría de Vigo coas novas viaxes do programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

Foto noticia
Abel Caballero explicou hoxe aos membros da Asociación de Veciños A Miñoca que participaron nunha das dúas viaxes organizadas pola ría de Vigo a bordo da embarcación \"Nautilus", integrada non programa municipal de avellantamento activo "Vigo, cidade amiga dos maiores", a beleza e importancia do coñecemento do ecosistema mariño que adquiren os participantes na iniciativa municipal, ao tempo que os animou a gozar da experiencia. Usuarios do servizo de teleasistencia e xubilados e pensionistas Vila Galicia tamén participaron a primeira hora da xornada do desprazamento lúdico-didáctico pola ría. Os interesados poden chamar aos números 600854260 e 649493797, da adxudicataria "Ocean Secrets", ou a través do servizo de información 010. Neste programa participarán 2.600 persoas maiores de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-25. O luns abre o prazo para os campus de Vigo Inclusivo

Foto noticia
O Concello oferta máis de 240 prazas en campus para persoas con diversidade funcional. "Favorecemos a educación non formal, o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional e a conciliación familiar", dixo o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-15. O 010 incorpora un servizo de vídeo interpretación en lingua de signos

Foto noticia
As persoas xordas poden comunicarse desde hoxe co 010 a través da vídeo interpretación en lingua de signos. Tal e como probaron esta mañá, o acceso será por medio dunha plataforma online denominada SVisual. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-23. Abre o prazo de solicitude das 2.600 prazas para viaxar pola ría co programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

Foto noticia
Descubrir ou redescubrir a Ría de Vigo navegándoa é o obxectivo do programa municipal "Vigo, cidade amiga dos Maiores" que se desenvolverá durante os meses de maio, xuño e xullo. "Queremos que ninguén quede sen viaxar e navegar gratuitamente pola ría\", afirmou Abel Caballero. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-11. Abel Caballero: "Discamino é un proxecto fantástico"

Foto noticia
O rexedor reuniuse hoxe con membros responsables da Asociación Discamino de Santiago, na que "falamos de proxectos de colaboración\" polo cal "asignarésmolles apoio económico". Caballero destacou o seu desexo de que "sexa unha forma de que todo o mundo teña actividade e conte cunha gran visibilidade" para as persoas con diversidade funcional, ademais de ser un gran proxecto de "sensibilidade social". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-09. O servizo de teleasistencia do Concello realizou 6.128 chamadas no mes de marzo

Foto noticia
O alcalde puxo en valor o "inmenso éxito" deste servizo municipal que o pasado mes de marzo atendeu 717 persoas usuarias, a maioría delas mulleres de entre 86 e 90 anos que viven soas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-04. O goberno municipal aprobará o convenio de colaboración con ONGs da cidade

Foto noticia
Abel Caballero indicou que na Xunta de Goberno Local de mañá \"aprobaremos o convenio de colaboración coas Ong Alborada, Amaina e Érguete para desenvolver o programa anual de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas", por un importe de 106.800 euros. Como indicou o rexedor, "queremos seguir traballando para promover a conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e custos persoais e sociais provocados polo consumo de drogas". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-02. O Concello súmase ás reivindicacións do Día Mundial da concienciación sobre o autismo

Foto noticia
A concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, participou esta mañá na Día Mundial da concienciación sobre o autismo que se celebra hoxe 2 de abril. O MARCO foi o espazo elixido pola Fundación Menela para promover unha campaña que este ano leva o lema "Autismo certa de ti". O obxectivo é visibilizar as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) que están ao noso carón, perseguindo xerar un cambio de actitude na cidadanía que desemboque na comprensión, tolerancia e respecto cara ás persoas con autismo e as súas familias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100