Cultura

Noticias de Cultura

Lista de noticias

Noticias

2024-05-31. Vigo encherá a Porta do Sol de folclore o 19 e 20 de xullo

Foto noticia
A Xunta de Goberno deu luz verde á subvención para a organización da Festa da Cultura na que 27 grupos folclóricos farán representacións musicais e de danza. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-29. A Noite Branca nos museos municipais ábrese ás propostas dos axentes culturais

Foto noticia
O Concello poñerá en marcha unha convocatoria pública para que os axentes culturais e das artes escénicas presenten as súas propostas para a xornada do 26 de xullo, na que os museos amplían horario desde as 20 horas e ata as 2 da mañá. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-27. "Conexions Vigo 2024" da Fundación Mayeusis leva a música a espazos naturais da cidade

Foto noticia
O alcalde presentou este luns o ciclo musical que inclúe case 40 concertos de jazz, folk e música clásica en 15 emprazamentos da cidade. A rolda de prensa contou coa música en directo de Ernesto Campos (guitarra) e Leni Pérez (voz e percusión). (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-13. O goberno local abre a convocatoria para proxectos artísticos expositivos nos museos de Vigo

Foto noticia
Ata o 9 de xuño artistas emerxentes e xestores culturais consolidados poderán presentar os seus proxectos artísticos no rexistro do Concello de xeito online. Os seleccionados verán a súa obra exposta en Casa das Artes e Casa Galega da Cultura. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-10. O goberno local aprobará o Plan de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado

Foto noticia
O alcalde deu conta da aprobación de xeito provisional do Plan Especial de Infraestruturas e dotacións que a Xerencia de Urbanismo dará luz verde o martes 14 de maio. A Biblioteca do Estado ten comprometido por parte do Goberno de España un orzamento de 22 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-09. O MARCO celebra o Día dos Museos con talleres de robótica e educación artística

Foto noticia
O alcalde avanzou as actividades que organiza o museo a vindeira semana como parte da programación para conmemorar o Día Mundial dos Museos o 18 de maio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-07. O goberno municipal dedica 251.000 euros á actividade cultural da cidade

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as subvencións a catro entidades culturais co fin de "seguir facendo de Vigo unha grande cidade da cultura". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-24. O Auditorio Municipal será o escenario de "Síbaris", a obra teatral de Domingo Villar

Foto noticia
O alcalde anunciou que Vigo será o peche da xira galega. A peza teatral de Domingo Villar, escritor falecido en 2022 e Vigués Distinguido, chega á cidade o 8 de xuño. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-23. O TerraCeo pecha cartel con Ziggy Alberts, Luis Zahera e Oswaldo Digón

Foto noticia
O australiano Ziggy Alberts e uns vellos coñecidos, Luis Zahera e Oswaldo Digón, son as últimas incorporacións ao cartel da quinta edición do Festival TerraCeo. Estas novas actuacións súmanse ao primeiro avance dun cartel estelar con concertos que irán desde o mes de maio ata o mes setembro. Actuarán o 27 de xullo e 19 de xullo, respectivamente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-23. Emilia Pardo Bazán, protagonista do Día do Libro na Porta do Sol

Foto noticia
O Concello, a través da Oficina Municipal de Voluntariado, organizou este 23 de abril unha lectura pública dedicada á novela "Os Pazos de Ulloa" de Emilia Pardo Bazán. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100