Volver á paxina principal

Buscar na web

O tempo en Vigo

Mañá
Tarde
Noite
tempo
tempo
tempo
Temperatura min/max: 17/21ºC
Datos de MeteoGalicia
logo web

Noticias (Ir ao Xornal)

Suscríbete ás noticias do Xornal de Vigo: RSS

Foto noticia
O alcalde e César Portela ratifican o comezo este mes das obras do Auditorio
O encontro mantido este venres entre o alcalde, Abel Caballero, e o arquitecto da obra, César Portela, certicou o cumprimento dos prazos adiantados polas partes o pasado mes de marzo. Ao remate da reunión, ambos manifestaron que o proxecto avanza con normalidade, co que no mes de setembro se iniciará o desterro do solar.
Foto noticia
Santi Domínguez afirma que o novo curso político consolidará a acción do Goberno municipal
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou hoxe o seu convencemento de que o novo curso que agora se inicia consolidará a acción do Goberno coa posta en marcha dos grandes proxectos e investimentos. "Como Goberno o 2009 ten que ser o ano de elevar o listón. Temos que acelerar porque a cidadanía xa intúe que hai un Goberno maduro que agora ten que entrar na concreción", sinalou o tenente de alcalde nun almorzo de traballo que mantivo hoxe cos medios de comunicación da cidade.
Vigo acolle esta fin de semana o Campionato In-line Cavil 2008 no Castro e en Samil
Vigo converterase esta fin de semana no punto de encontro de numerosos patinadores de Galiza, España e Portugal para celebrar unha nova edición do Campionato In_Line Cavil 2008.
Desde o próximo luns cambia temporalmente o itinerario do transporte público en Sanjurjo Badía
Co fin de poder garantir a seguridade vial no contorno das obras de humanización da rúa, dende o luns día 8 de setembro, e por un tempo aproximado de un mes, suprímese a circulación do transporte público colectivo no sentido descendente, polo que o itinerario cara o centro realizaráse polas rúas Sanjurjo Badía, Enrique Lorenzo, Santa Tegra, Guixar e Julián Estévez.

e ademais

noticias Impresión e pagamento de recibos na web do Concello
A web municipal permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet.
- Pagamento de recibos.
- Pago mediante a carpeta do cidadan.
- Imprimir directamente o recibo.