Xerencia Municipal de Urbanismo
Sentenza do Tribunal Supremo do 10 /11/2015 Nulidade do PXOM-08.
( Recurso casación núm. 1658/2014 ).
Acordo extinción suspensións de licenzas.
Acordo do Pleno do Concello para declarar extinguidos os acordos de suspensión de licenzas en determinados núcleos do pxom 1993. Expte 92223/421.Listado de nucleos
O planeamento vixente na actualidade no Concello de Vigo é o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo, aprobado definitivamente por acordo do Consello da Xunta de Galicia de 29.04.1993, coas súas modificacións puntuais, habida conta da declaración de nulidade contida na sentenza de 10 de novembro de 2015 do Tribunal Supremo que afectou ás ordes da Conselleira da CPTOPT do día 16.05.2008 de aprobación definitiva e parcial do PXOM (DOG nº. 106, do día 03.06.2008; BOP nº. 151, do 06.08.2008) e do Conselleiro da CMATI do 13.07.2009 de aprobación do documento de cumprimento da Orde do día 16.05.2008 (DOG nº. 144, do día 24.07.2009; BOP nº. 175, do día 10.09.2009).
Débese precisar que o planeamento xeral vixente con anterioridade ao 2008, coñecido como PGOU 93 ou Plan Xeral de 1993, en realidade trátase do denominado Expediente de subsanación de deficiencias na adaptación do PXOU de Vigo de 1988 á LASGA (Lei 11/85, de 22 de agosto de adaptación do solo a Galicia. A aprobación definitiva de dito PXOU 1993 foi publicada no DOG nº 87 o día 10/05/1993 e a súa normativa foi publicada no B.O.P nº 133, o 14 de xullo de 1993
O Pleno Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente, do 18.12.2015, adoptou o seguinte acordo: “
Primeiro: Proceder á elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal adaptado a lexislación vixente que substitúa ao actual Plan Xeral de Ordenación Urbanística de 1993, nomeado de “Subsanación de Deficiencias na Adaptación do PXOU á Lei 11/1985, de 22 de abril, de Adaptación da do Solo a Galicia” conforme coas disposicións normativas contidas na lexislación urbanística vixente, así como en concordancia coas lexislación de solo, ambiental e sectorial de aplicación.
Segundo: Encomendar á Xerencia Municipal de Urbanismo a tramitación do procedemento de aprobación do novo PXOM e a realización dos traballos necesarios para a elaboración do novo documento, sen prexuízo da contratación daqueles traballos ou asistencias que, de ser o caso, resultasen precisas a tal efecto”.
O procedemento técnico e administrativo de dito expediente de revisión do planeamento xeral estase a tramitar co número de expediente 15313/411.
O Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU93) é a norma xurídica de obrigado cumprimento para a cidadanía e a Administración. Comprende e regula as accións e proxectos de renovación e crecemento do Concello de Vigo.
Plan especial de infraestruturas e dotacións para o novo acceso ao Colexio Párroco Don Camilo, en San Andrés de Comesaña. Aprobación inicial XGL 19/04/2024 (expte. 18337/411)
Plan especial de reforma interior da unidade de actuación UA-1 Ceán. Aprobación inicial XGL 08/09/2023 (expte. 17983/411)
Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ubicación da Biblioteca Pública do Estado en Vigo. Aprobación inicial XGL 20/04/2023 (expte. 18662/411)
Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación UA 3 Montana. Aprobación inicial XGL 13/04/2022 (15903/411)
Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello.
Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Histórico de Bouzas
Outros Planes Especiais
Planes Especiais de Mellora do Núcleo
Plan Especial de Reforma Interior PERI IV-01 San Roque A
Modificación do proxecto de compensación da UE I Plan Parcial Quirós en execución de sentenza. Aprobación definitiva Consello de Xerencia municipal de Urbanismo de data 14 de marzo de 2023 (expte. 5294/401)
Proxecto de reparcelación no ámbito de actuación conxunta no medio urbano U.A. Hernán Cortés.Aprobación inicial XGL 08/03/2024 ( expte. 5293/401)
Proxecto de expropiación, por taxación conxunta, para a execución da actuación illada núm 2 (AA2) da modificación puntual do PXOU 1993 para a reordenación do Barrio do Cura. A probación inicial XGL 20/10/2023 (expte. 282/413)
Proxecto de normalización de predios no ámbito do solo urbano consolidado BC R02 e BC R01 da Modificación Puntual do PXOU 1993, Barrio do Cura. Aprobación definitiva XGL 25/05/2023 (expte. 5292/401)
Proxecto de equidistribución polo sistema de concerto do polígono único da área de reparto en solo urbano non consolidado AR I-01 Barrio do Cura, delimitada pola modificación puntual do PXOU do Concello de Vigo para a reordenación do dito ámbito. Aprobación definitiva XGL 12/05/2022 (expte. 5281/401)class="enderezo">
Convenios urbanísticos relativos ao planeamento en vigor:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100